25/4/10

Día do libro




O pasado venres celebramos no cole o DÍA DO LIBRO coa participación de toda a comunidade educativa na lectura ininterrumpida do libro "A ILLA DO TESOURO", escrito por ROBERT LOUIS STENVENSON.
Stevenson naceu en Edimburgo en 1850 e faleceu en Samoa en 1894, foi un escritor escocés, autor de novelas, poemas e libros de viaxes e o maior representante do neorromanticismo británico.
A illa do tesouro é unha novela de aventuras escrita en inglés, editada en libro en Londres en 1883. Foi verquida ao galego por primeira vez por Xavier Alcalá (1984).
Esta obra foi fonte de inspiración no cinema, na televisión, na literatura, en banda deseñada e ata en videoxogos. A novela adopta un ton crítico e unha reflexión moral do protagonista cara ao diñeiro e a ambición.
Os pequechos de 4 anos estiveron escoitando a lectura que nos ofreceron varios alumnos/as de 6ºE.P.


No hay comentarios:

Publicar un comentario