29/4/10


Os pequechos de 3 e 4 anos celebramos o aniversario de Eloy que....xa ten 5 anos!!!!!! Moitas felicidades pequerrecho.

28/4/10


Os piratiñas de 5 anos comeron toda a tarta e non deixaron nada para os profes. Felicidades Jenni

Os pequechos piratiñas comeron tarta ata fartar no cumple da piratiña Sofía.

25/4/10

Día do libro




O pasado venres celebramos no cole o DÍA DO LIBRO coa participación de toda a comunidade educativa na lectura ininterrumpida do libro "A ILLA DO TESOURO", escrito por ROBERT LOUIS STENVENSON.
Stevenson naceu en Edimburgo en 1850 e faleceu en Samoa en 1894, foi un escritor escocés, autor de novelas, poemas e libros de viaxes e o maior representante do neorromanticismo británico.
A illa do tesouro é unha novela de aventuras escrita en inglés, editada en libro en Londres en 1883. Foi verquida ao galego por primeira vez por Xavier Alcalá (1984).
Esta obra foi fonte de inspiración no cinema, na televisión, na literatura, en banda deseñada e ata en videoxogos. A novela adopta un ton crítico e unha reflexión moral do protagonista cara ao diñeiro e a ambición.
Os pequechos de 4 anos estiveron escoitando a lectura que nos ofreceron varios alumnos/as de 6ºE.P.


Seguimos coas celebracións...pois dende esta semana temos a oportunidade de ver,disfrutar e deixar voar a imaxinación cos barcos piratas que se atopan na entrada do cole o cal hai que agradecer ás profes que construíron un deles e o outro a Luis de Muxía que amablemente nolo deixou para que todos disfrutemos.
O pasado venres día 23 abril as cociñeiras Sandra e Lola preparáronnos un MENÚ PIRATA e como colofón fixeron unha tarta de chocolateeeeeeeeeee sorpresaaaaaa... estade ben atentos á película.

Uns días despois da visita dos oleiros de Buño e cando xa as pezas feitas co barro estaban totalmente secas, adicámonos a pintalas.


24/4/10

Visita Oleiros de Buño

O pasado 13 de abril visitáronnos Pepe e Luís, dous oleiros de Buño. Todolos alumnos do cole tiveron a oportunidade de ser por un día "OLEIROS".
A olería no Buño de mar arxiloso é recurso, oficio tradicional, pouso artístico e sensibilidade espallada polos rueiros desta vila da Costa da Morte. Obradoiros de feituras que falan coas mans, que verquen autenticidade no forno quente, que moldean a nobreza do barro dende hai séculos.
Oleiros de oficio centenario, homes e mulleres artellando no pouso humilde dos obradoiros repartidos polos rueiros.
Xirar harmonioso do torno acincado, crear arte co mimo das xemas dos dedos. Auga, barro e lume testemuñan o diario laborar destes artesáns que aquí, no noso cole, amosaron parte da súa fértil creatividade.
Mans cicelando no tempo a nobreza do barro, vizosa mostra dunha colección do humano intuír e que mesmo bebeu da cultura romana.
Formas tradicionais creadas polo mestre artesán para dar fartura ás necesidades cotiás e a outras de máis recente razón. Versatilidade de uso e decoración a base da liña indecisa ou oblícua arada finamente coa cana do xunco húmido.
Cintas e listas en relevo de cores cálidas, acanaladas, brunidas e pintadas pola man firme que empuña a pluma ou o hisopo.

Cada peza de barro de Buño é coma cristal, fermosa pero delicada. Espero que disfrutedes destes videos...




16/4/10

Chegou a primavera!!!

Os pequechos de infantil xa están vivindo a chegada da primavera polo que o mércores adicámonos a plantar flores, todos estiveron moi atentos ao proceso (poñer terra, coñecer distintas clases de sementes e de flores, mezclar coa terra...) Ao rematar levamos todo para a aula e alí teremos que regalas e observaremos como, pouco a pouco, as sementes van medrando ata convertirse en fermosas flores...
¡Estas sementes na terra caerán e pronto as prantas alí brotarán!



Caillou ensínanos o que é a primavera ...


E como non podía faltar nesta estación, os pequechos de 4 anos escoitamos a Vivaldi e aprendemos un pouquiño da vida e obra deste gran compositor

15/4/10

Carlos xa cumpliu 6 anos e celebrouno con todolos compañeiros de clase.......que comeron toda a tarta. Felicidades piratilla!!!!

9/4/10

O mércores, os piratas de 5 anos celebraron o aniversario de Juan Carlos. Xa ten......6 anos!!!!!
Feliz día!!!!!!!


4/4/10

Aprendemos as vogais!!!!!


Os pequechos de 4 anos xa rematamos o cuadernillo de lectoescritura das vogais do método "O país das letras" e agora, durante o 3º trimestre comezaremos a traballar coas consonantes. A continuacón tedes un enlace co programa Jclic con actividades de reforzo referentes ao método traballado na aula, nel trabállase a identificación visual e auditiva, asociación, escritura e orden de frases.
Para traballar co Jclic seguramente teredes que descargarlo e instalarlo, é moi fácil, podédelo facer directamente dende internet de forma gratuita, nel atoparedes infinidade de actividades que compartir cos pequechos.

zonaClic - actividades - Érase una vez... 1


A continuación tedes un video repleto de cancións e tamén contén a presentación das vogais (o rei U, a raíña A, os príncipes E - O e a princesiña I) e as súas historias (en castelán) pero seguro cos pequechos rapidamente vos contan a historia con todo detalle. Espero co disfrutedes xuntos.




PARA LOS MAS PEQUES : EL CAJÓN DE LAS VOCALES [enFemenino.com]