O xoves, día 25 de marzo, os pequechos de infantil ,os piratas de 1º e 2º de E.Primaria e as profes, estivemos de visita en Camariñas. Percorremos a fábrica de conservas Boya das industrias Cerdeimar. Estas industrias están no sector da alimentación dende 1884, en Camariñas adícanse a fabricar conservas e envasan o mellor que obteñen das nosas costas e dos mares dende o Noroeste de España.
Cerdeimar conta cunha gran incorporación de nova tecnoloxía para a realización diaria do traballo e está sometida a controles de calidade (certificado IQNET e AENOR). Posúe 8 naves distribuídas en: fábrica de peláxicos e mariscos, fábrica de túnidos e cefalópodos, sala de platos preparados e bolsas, cámaras frigoríficas, xeradores de vapor... Entre os productos de conservas de pescados e mariscos (BOYA) que se realizan nesta fábrica temos: atún, caballa, bonito do norte, sardiñas, mexillóns,polbo... resulta interesante e impresiona ver como se desenrola un día normal de traballo nestas industrias...
Ao rematar a visita fomos ata o porto deportivo e alí poidemos "merendar" grazas á amabilidade do rexidor do Club Náutico que nos deixou as instalacións.
Dende aquí tamén quero agradecer a atención e amabilidade que tiveron as traballadoras da fábrica hacia os nenos e nenas e en especial a MªLuz que nos ensinou e explicou todo o proceso de elaboración.
Video dos piratas do 1ºciclo de E.Primaria
28/3/10
19/3/10
A profe Mónica diseñou unha actividade para a pizarra dixital sobre "Animais singulares", nela os máis pequechos recoñeceron animais salvaxes, domésticos e mariños. Ademais, identificaron os sons de distintos animais, leron os nomes e os relacionaron con eles, fixeron MAXIAAAAA pintandoos co dedo (tíñades que verlles as cariñas de asombro) e xogaron a descubrir os que estaban escondidos tras unha cortinilla. Os piratillas divertíronse moitísimo. Grazas profe Mónica pola actividade.
13/3/10
Onte,día 12 de marzo,fixemos a segunda visita á Piscina de Cee. Nos vos podedes imaxinar a nosa cara de sorpresa cando chegou a hora de "nadar soíños"... a maioría deles xa perderan o medo e lanzáronse ao medio da piscina.... TODO VALOR E CORAXE... como os grandes piratas!!! Ata a terceira visita, no 3º trimestre.
12/3/10
O mércores pola tarde os pequechos fixemos un percorrido polos arredores do cole e visitamos un "barco pirata" ubicado na nave do Concello. Aos nenos encantoulles e fixeron moitas preguntas, o que máis lles preocupaba era onde estaban os piratas!!!!! e o tesouro?????? bueno....imaxinación non lles faltou.
10/3/10
7/3/10
5/3/10
2/3/10
Neste mes de marzo imos realizar no cole a "Campaña de dinamización-Marzo 2010, mes da poesía" a proposta do Equipo de Biblioteca. Para os máis pequechos o obxectivo consistirá en achegarse á poesía e aos poetas a través de diferentes manifestacións artísticas. Para elo deduciremos, a través da lectura, que é e para que sirve un poeta, buscaremos a poesía en textos diversos (adiviñas, rimas, cancións, arrolos, cancións de berce, xogos populares...) e aprenderemos algún poemiña de memoria. Na clase traballaremos co libro de Fréderick, libros da colección "Tartaruga", ademais de bibliografía diversa da biblioteca.
As profes teremos como referencia e axuda a páxina http://www.orellapendella.org Esta páxina trata de difundir a literatura popular de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer, nela podemos atopar infinidade de ditos, recitados e cancións infantís.
Pronto publicaremos os resultados acadados...seguro que a todos nos sorprenderán.
As profes teremos como referencia e axuda a páxina http://www.orellapendella.org Esta páxina trata de difundir a literatura popular de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer, nela podemos atopar infinidade de ditos, recitados e cancións infantís.
Pronto publicaremos os resultados acadados...seguro que a todos nos sorprenderán.
1/3/10
Hoxe realizamos no cole o SIMULACRO DE EVACUACIÓN, nel participaron todolos membros da comunidade educativa e tamén 8 membros do Parque de Bombeiros de Cee que trouxeron 2 camións totalmente equipados. Ante tal acontecemento xa vos podedes imaxinar as cariñas de sorpresa dos máis pequechos do cole... todos cheos de ilusión e sobre todo coas enormes ganas de... poder ver os camións. A ilusión...fíxose realidade!!!! e todos subiron e comprobaron o seu funcionamento.
Este día seguro que será difícil de esquecer para eles.
En nome dos máis pequechos e das profes, queremos agradecer a amabilidade e paciencia dos bombeiros. Ata a próxima!!!
Este día seguro que será difícil de esquecer para eles.
En nome dos máis pequechos e das profes, queremos agradecer a amabilidade e paciencia dos bombeiros. Ata a próxima!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)