27/5/10


Os de 4 anos voltamos a repetir con Borja e Arancha na hora de ler. Grazas aos dous pola visita.

26/5/10

Onte, día 25 de maio, os pequechos de 4 anos tivemos unha "hora de ler" chea de sorpresas e diversión...... Na nosa clase apareceron, como por arte de maxia, os nosos amigos Borja e os nenos e nenas de 2ºEP coas profes Arancha e María.
Os máis pequechos quedaron moi sorprendidos ante tal visita inesperada e estiveron super atentos ao conto titulado "Paco Papán" que nos contaron os nosos amigos....por suposto rematamos todos xuntos cantando a canción do conto.




25/5/10

O xoves 20 de maio os piratillas de infantil visitamos Santiago de Compostela, tivemos a oportunidade de disfrutar da obra de teatro "Zapateiro e o trasgo" . Se estades atentos ao video poderedes coñecer o argumento da obra. A pesar da calor que tivemos que soportar os máis pequechos disfrutaron en grande...


16/5/10

Tódolos martes na primeira sesión da tarde, os pequechos de 4 anos acuden á biblioteca para disfrutar dunha "hora de ler" moi especial. Non son as profes quen lles contan as historias dos libros....... son os "maiores" de 6ºA de primaria quen deleitan aos máis pequechos coas aventuras cheas de emoción e ledicia reflectidas nos contos e nas súas caras. Grazas aos "maiores" por permitirnos disfrutar deste momento...



15/5/10

O venres día 14 de maio, os alumnos de 5º de primaria xunto coa profe Isabel mostráronnos e explicáronnos o traballo que fixeron para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano adicado ao poeta Uxío Novoneyra. Os pequechos estiveron moi atentos ás explicacións dos "maiores" e aprenderon moitas cousas sobre este gran poeta. Grazas á profe e aos seus alumnos por brindarnos esta oportunidade e noraboa polo traballo feito.

12/5/10

COÑECE O TEU CONCELLO

O pasado xoves, 6 de maio, os pequechos de 4 e 5 anos estiveron de excursión por distintas zonas do Concello de Muxía grazas ao programa "Coñece o teu Concello" elaborado polo propio Concello. Visitamos Muxía: a Igrexa Parroquial, os secadoiros de congro, "A Ferida", o mirador do Monte Corpiño. Na parroquia de Coucieiro estivemos nas Caldeiras do Castro. Logo fomos ata a praia de Nemiña, alí descansamos e comemos e finalizamos na área recreativa de Viseo onde os máis pequechos disfrutaron cos xogos. Queremos agradecer tanto a iniciativa posta en marcha polo Concello de brindarnos esta oportunidade como a Marian que foi a nosa guía turística durante todo o día.


4/5/10

Teatro e obradoiro de creación literaria

Dende aquí queremos agradecer a ANPA do noso colexio pola oportunidade que nos brindaron de poder disfrutar durante dous días de actividades como o teatro, a cargo de "Xanela do Maxín" e do Obradoiro de creación literaria, onde os máis pequechos crearon un conto cos personaxes e aventuras ideadas por eles mesmos... Graciñas.

COMPARTINDO.........
Rematando marzo e comezando abril tiñamos un pé no mes da poesía e outro no mes do libro.
O alumnado de Infantil de 5 anos e o de 5º de Primaria tiñan unha cita pendente: os pequenos recitarían os poemiñas e refráns aprendidos e os maiores falaríanlles dos golfiños.
A xuntanza tivo lugar na aula de 5º. Primeiro os pequenos, por parellas e soliños, recitaron como anxos. Despois os grandes, con certo "pánico escénico" fixeron as súas ponencias sobre a vida e costumes dos golfiños.
A experiencia gustoulles tanto que as súas titoras xa están pensando en repetila.