28/3/10

O xoves, día 25 de marzo, os pequechos de infantil ,os piratas de 1º e 2º de E.Primaria e as profes, estivemos de visita en Camariñas. Percorremos a fábrica de conservas Boya das industrias Cerdeimar. Estas industrias están no sector da alimentación dende 1884, en Camariñas adícanse a fabricar conservas e envasan o mellor que obteñen das nosas costas e dos mares dende o Noroeste de España.
Cerdeimar conta cunha gran incorporación de nova tecnoloxía para a realización diaria do traballo e está sometida a controles de calidade (certificado IQNET e AENOR). Posúe 8 naves distribuídas en: fábrica de peláxicos e mariscos, fábrica de túnidos e cefalópodos, sala de platos preparados e bolsas, cámaras frigoríficas, xeradores de vapor... Entre os productos de conservas de pescados e mariscos (BOYA) que se realizan nesta fábrica temos: atún, caballa, bonito do norte, sardiñas, mexillóns,polbo... resulta interesante e impresiona ver como se desenrola un día normal de traballo nestas industrias...

Ao rematar a visita fomos ata o porto deportivo e alí poidemos "merendar" grazas á amabilidade do rexidor do Club Náutico que nos deixou as instalacións.
Dende aquí tamén quero agradecer a atención e amabilidade que tiveron as traballadoras da fábrica hacia os nenos e nenas e en especial a MªLuz que nos ensinou e explicou todo o proceso de elaboración.



Video dos piratas do 1ºciclo de E.Primaria




2 comentarios:

  1. Da gusto velos! Así se aprende! Felicitacións ás profes pola iniciativa. Ás veces non valoramos o suficiente o que temos máis perto. Esta é a demostración do moito que se aprende co próximo. E o mellor de todo é poder volver velo cada vez que se nos antolle! Bravo Begoña!

    ResponderEliminar
  2. Lástima que os antigos piratas non tiveran a posibilidade de probar as conservas de Cerdeimar. Sin embargo estes pequenos e modernos piratillas tiveron a oportunidade non só de levar a proba para casa senón tamén de ver como é o proceso de envasado. Queda demostrado unha vez máis que o aprendizaxe non está só dentro da aula. Noraboa ás profes polo interés e adicación.
    ...E un saúdo especial para Begoña, xa que esta capitana cumpre anos o luns 5 de abril. Felicidades, e que este ano máis veña cargado de ilusións, ánimo e bo facer.

    ResponderEliminar