2/3/10

Neste mes de marzo imos realizar no cole a "Campaña de dinamización-Marzo 2010, mes da poesía" a proposta do Equipo de Biblioteca. Para os máis pequechos o obxectivo consistirá en achegarse á poesía e aos poetas a través de diferentes manifestacións artísticas. Para elo deduciremos, a través da lectura, que é e para que sirve un poeta, buscaremos a poesía en textos diversos (adiviñas, rimas, cancións, arrolos, cancións de berce, xogos populares...) e aprenderemos algún poemiña de memoria. Na clase traballaremos co libro de Fréderick, libros da colección "Tartaruga", ademais de bibliografía diversa da biblioteca.
As profes teremos como referencia e axuda a páxina http://www.orellapendella.org Esta páxina trata de difundir a literatura popular de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer, nela podemos atopar infinidade de ditos, recitados e cancións infantís.

Pronto publicaremos os resultados acadados...seguro que a todos nos sorprenderán.

2 comentarios:

  1. Ola Begoña:
    Darte a noraboa polo blog e todo o traballo que estades a facer en infantil.
    O libro de Frederick lino cos meus fillos hai 2 anos , pareceume moi bó, porque expresa a idea de que na vida non todo é traballar para comer. As veces, necesitase de alguén que che faga ver outra forma de vida.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo comentario. Aos nenos encántalles este libro, casi é obrigatorio lelo na "hora de ler" e dá moito xogo para traballar infinidade de valores ademais de xogar a ser POETAS.

    ResponderEliminar