30/1/10

O venres 29 de xaneiro celebramos no cole o día da Paz. Durante a semana estivemos traballando nas aulas cousas alusivas a ese día e sobre todo concienciándonos de que nós tamén podemos loitar pola PAZ dende o noso entorno con cousas tan sencillas como: respetar aos demais, axudar aos compañeiros, non pelexarnos... coa axuda dos profes fixemos un mural e reunímonos pola tarde para manifestar o noso apoio a vivir en Paz: gardamos 1 min de silencio polas víctimas do terremoto de Haití e tamén polo rexeitamento á violencia de xénero, os nenos e nenas de primaria leron manifestos e frases alusivas e finalizamos entoando a canción "Verdad que sería estupendo" do grupo Cómplices.
"Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño" GANDHI
"A paz esixe catro condicións esenciais: verdade, xustiza, amor e liberdade" JUAN PABLO II

1 comentario:

  1. Como pedías que cho dixéramos... Acabo de intentar ver o do día da paz e pon algo raro... para min que significa "de eso nada, monada, que non vas velo agora"

    ResponderEliminar